MASTER PROVINCIAL DA CORUÑA JEALSA-BOIRO 2023

Xa está rematada a 19º edición do Máster Provincial de Tenis-Jealsa. Organizado polo C.T.Boiro en colaboración co concello de Boiro e patrocinado polo concello e por Jealsa. O torneo estaba reservado para os 16 primeiros xogadores e xogadoras da provincia da Coruña, segundo o ranking da federación española. E esta competición repartiu 647 euros en material deportivo en cada categoría (1294 euros en total). As datas de celebración foron do 26 ó 31 de decembro, e disputaronse nos pavillóns de Boiro (Barraña, Escarabote e Praia Xardín). A victoria na categoría masculina foi para Saúl Berdullas, que se impuxo a Carlos Tubío por un claro 60/62. Nas féminas a victoria marchou para Ferrol da man de Alejandra Vázquez que se impoñía a Belén Hermo por un axustado 62/36/10-5.

Galería de Fotos