O C.T.P.S. naceu no ano 1993 en A Pobra do Caramiñal cunha pequena masa social que se propuxo dende o primeiro momento que o tenis se organizara un pouco na vila e que crecera o número de practicantes. O club comezou a medrar centrando a súa actividade nas pistas municipais e iniciando colaboracións con concellos próximos para que, a máis da súa escola, medraran outras, cas que logo, intercambiar xogadores para facer un grupo de competición.
Froito destas colaboracións hai escolas en Boiro con 70 alumnos, Riveira (70), Rianxo (40), Rois e Urdilde (15), Lousame e Noia (27), Valga (19), Padrón (10), Porto do Son (25), Catoira(15) ou A Portas (20). Algunhas destas escolas serviron para colaborar no nacemento de outros clubes na comarca, coma o Clube Tenis Padrón, Clube Tenis Boiro, Clube Tenis Fieiro-Noia ou o Club Tenis Riveira. A propia escola do clube conta con 76 nenas e nenos e 15 adultos, a mais de levar a escola municipal que conta con 10 alumnos. Para que todo funcione, o club conta con 2 monitores (Blas e Víctor Sobrido), varios axudantes e a directiva encabezada por Tomás Dieste que leva xa 13 anos como presidente.
Dende o club promóvese unha intensa actividade, sobre todo coa celebración dos Circuítos de Open, Circuíto de Probas do Barbanza, Cicuíto Feminino, Circuíto Xúnior-Cadete, Circuíto Infantil, Circuíto Alevín, e o Benxamín mixto. Dentro dos circuítos, cabe destacar os OPEN con premios en metálico que reúnen ós mellores de Galicia. Outra competición organizada por este clube é a Liga Zonal de carácter amistoso na que entran tódalas escolas antes nomeadas e abrangue tres categorías: abs. masc., abs. fem e cad-xúnior masc. Todas as competicións que o clube organiza, compútanse nun ránking propio que no ano 2.005 rematou con 200 persoas ranqueadas e que dá paso ó MÁSTER. Como entidad organizadora tamén destaca a posta en marcha no 2004 do Máster Galego por primeira vez e que estivo organizandoo durante moitos anos ata dotalo da importacia que agora ten. E posteriormente o Máster Provincial da Coruña. O clube conta, tamén, con varios equipos masculinos e femininos para participar no Campionato Galego Interclubes. Ao largo da historia deste club contamos con equipos en División de Ouro, na Segunda A, segunda B, terceira C xúniors... No caso das mulleres, participaron na Primeira categoría e as xúnior tiveron anos moi bos. Moitos dos seus xogadores tiveron un papel moi destacado na historia do club. É o caso de Javi Castillo Tato que chegou a ser 3º de Galicia, Juan Maneiro(7), Pablo Lijó, Marcos García, Alberto García, Carlos Andrés Santiago,Suso Pérez, Carlos Serán, Pablo García, Adrián Cespón, Hugo Santorio, Belén e Lura Hermo, Ana Castillo, Nuki Pardavila, María José Blanco, Ana Fernández, Antía Fuentes, Rosi... e moitos outros dos que non nos esquencemos aínda que non aparezan nomeados aquí. Set. 2015