BENVIDA DO PRESIDENTE   HISTORIA DO CLUB   FOTOS   ESCOLA DE TENIS      INICIO

NOVAS 2016

MASTER PROVINCIAL DA CORUÑA BOIRO 2016

172 persoas encheron as gradas do pavillón de Esacarbote este venres nas finais da 12º edición do Máster provincial de tenis-Jealsa. O evento estaba organizado polo C.T.Boiro en colaboración co concello de Boiro e patrocinado por Jealsa. O torneo estaba reservado para os 16 primeiros xogadores e xogadoras da provincia da Coruña, segundo o ranking da federación española. E esta competición repartiu 580 euros en cada categoría(1160 euros en total). As datas de celebración foron do 26 ó 30 de decembro, e disputouse nos pavillóns de Boiro(Escarabote e Praia Xardín). A primeira final foi ás 18:45, Na categoría femenina, na que a primeira cabeza de serie e actual campiona, Celia Montero, nº3 do ranking galego, non defraudou e alzou o título un ano máis por 61/64. Este ano a finalista foi Ana Pérez (7 de Galicia). En canto á participación local, hai que destacar as semifinais de Belén Hermo e María José Blanco, que quedaron a unha victoria da final. Logo deron paso á final en categoría masculina, o primeiro favorito era Luís Fernández Labarta(2º de Galicia e 74º de España), que nun excelente partido, non poido co segundo cabeza de serie, o coruñés Mauro Iregui, quen finalmente se alzou co título de campión privincial polo resultado de 6-7, 6-4 e 10-4. En canto os xogadores locais, podemos recordar os cuartos de final acadados polo boirense Adrián Cespón e sobre todo, ó riveirense Pablo García que acadou as semifinais. A continuación cerebrouse a entrega de premios, na que tamén se sortearon 5 lotes navideños, entre outros regalos.
GALERIA DE FOTOS LISTA DE INSCRITOS
(en vermello os suplentes)
NOTA: pista 1=Polideportivo Escarabote
pista 2=Polideportivo Praia Xardín

decembro 2016


TORNEO NADAL DE RIANXO

O Club Renis Rianxo convídavos a participar no oitavo Torneo de Nada que se celebra en Rianxo. Animádevos a participar.
clubtenisrianxo@hotmail.es ou no teléfono 981 86 63 81

novembro 2016


MÁSTER DOS CIRCUITOS DO BARBANZA 1 e 2

Podedes ver os resultados dos partidos que se van celebrando en: Ibertenis

outubro 2016


NOVO PATROCINADOR DO EQUIPO MASCULINO XÚNIOR

Dámoslle a benvida a LAGOMAR coma patrocinador dos xúniors. E o Lago Mar do CTPunta Salera, representa por terceira vez á comarca cun equipo de xúnior, para competir no Campionato Galego por equipos. Empezaron con bo pé na primeira xornada, pois venceron na casa contra o Mercantil de Pontevedra por un axustado 3-2. O equipo estivo composto por: Marcos Saborido, Alex Santos, David Bello, Cristian Recarey e Javier Buceta.Esta pasada xornada, aprazaron o enfrentamento contra a Universidade de Santiago, a petición de estes últimos. Para esta semana o calendario deparou un encontro na casa, neste caso, o sábado as 16 horas nas pistas do Recheo de Pobra, contra o C.T.Pontevedra.

setembro 2016


2ª PROBA DO CIRCUITO DE VERAN DE RIVEIRA

2º Torneo Nivel 1

2º Torneo Nivel 2

setembro 2016


5º TORNEO AFECCIONADO DE BOIRO-SERITAMP

Torneo Absoluto

Torneo Alevín feminino

Torneo Infantil Masculino

Torneo Cadete-Xúnior Masculino

Torneo Feminino Absoluto

agosto 2016


6ª PROBA DOS CIRCUITOS DE TORNEOS

Anotádevos en Ibertenis

agosto 2016


1ª PROBA DO CIRCUITO DE VERAN DE RIVEIRA

1º Torneo Nivel 1

1º Torneo Nivel 2

1º Torneo Dobres

xullo-agosto 2016


5ª PROBA DOS CIRCUITOS DE TORNEOS-MARATON DE TENIS


xuño 2016


4ª PROBA DOS CIRCUITOS DE TORNEOS-OPEN NOIA


Torneo afecionado mixto
Torneo abs masculino federado OPEN
Torneo xúnior masculino federado
Torneo masculino federado CIRCUITO 2
Galería de fotos

xullo 2016


3ª PROBA DOS CIRCUITOS DE TORNEOS

Os cadros podédelos ver en Ibertenis pero aquí tedes algún enlace:
-abs masculino
-xúnior masculino
-infantil masculino
-alevín masculino
-alevín feminino

xuño 2016


SEGUNDO COMARCAL

Este domingo rematamos cos grupos e as semifinais do nivel 4, de pista enteira. Noraboa a todos, e sobre todo, á campiona. Galería de fotos

maio 2016


MANUEL FRANCO, ARBITRANDO

Outra viaxe coma árbitro internacional, esta vez en Turquía.

maio 2016


14ª LIGA GALEGA AFECIONADA POR EQUIPOS 2016 (zona norte)

1ª división

2ª división

modelo de acta
para imprimir

maio 2016


AS CHICAS, A SEMIFINAIS DO GALEGO

O Club Tenis logra meter en semis do Campionato Galego por equipos , situándose coma un dos 4 equipos mellores de Galicia este ano, pase o que pase. A cita para as semifinais, seá no mes de maio. Sorte campionas.

abril 2016


INTERCLUBES FGT

EQUIPOS DA ZONA
CTPS División Plata
CTPS Primeira División
CT Boiro Terceira División
CTPS-CT Boiro Equipo Feminino
CT Valga Segunda División

abril 2016


MINITENIS 2

O Club Tenis Punta Salera segue co Circuíto Comarcal de torneos para as categorías de base. Este domingo disputouse a categoría mixta no nivel 4. Nesta proba N4 participaron 16 nenos/as na Pobra . Campións de grupo foron: Pablo Millán de Riveira, Marcos Suárez da Pobra, Brais Baldomero de Riveira e Javi da Poutada. No N3, xogouse unha parte este domingo, vencendo Paulo Lago na final a Olivia Sobrido.
Galería de fotos Minitenis
Galería de fotos Comarcal

abril 2016


2ª PROBA DOS CIRCUITOS

Xa se coñecen os primeiros vencedores da 2ª Proba do Circuíto. No circuíto 1, o vencedor foi Mauro Iregui (venceu a Miguel Rivas), a vencedora foi Estefanía Mariño (a Carla del Barrio), no xúnior Marcos Saborido (a costa de Samuel Rodríguez), no Infaltll, Ramallo a Carlos Lijó. No circuíto 2 o brillante vencedor foi Roberto Alcalde que sufriu para dobregar a un duro Manuel Franco. A final do circuíto 1 tivo árbitro internacional: Manuel Franco. Podes consultar os cadros de resultados neste enlace.
Anótate en Ibertenis na seguinte proba que se celebrará en maio. Pero consulta as bases para saber en que categoría podes participar.

marzo 2016


MINITENIS 1

O Club Tenis Punta Salera tamén comezou co Circuíto Comarcal de torneos para as categorías de base. Este domingo disputouse a categoría mixta no nivel 3. Deixando para a próxima os niveis 1 e 2 (entre todos os niveis, máis de 80 nenos e nenas).Nesta proba N4 participaron 17 nenos na Pobra e 8 máis noutro poli ás mesmas horas. Campións foron todos, pero de primeros en cada grupo do N4 remataron Mateo de Xuño, Pablo Millán de Riveira, Cristofer de Xuño, Miguel de Boiro, e Dani Eiras de Boiro. No N3 (tres cuartos de pista)o vencedor foi Anxo Iucha. Noraboa a todos. Galería de fotos

febreiro 2016


1ª PROBA DOS CIRCUITOS DE TORNEOS

Anótate en Ibertenis e consulta as bases para saber en que categoría podes participar. O Circuíto 1 eran os antiguos Open, o 2 son seguintes en dureza e son os máis asequibles. Consultade as Bases xerais se tedes dudas. Sorte.

Bases Xerais Circuíto Barbanza 1

Bases Xerais Circuíto Barbanza 2

Bases Xerais Circuíto Barbanza Feminino

febreiro 2016


OS ALEVINS REMATAN SEGUNDOS

O equipo desprazouse a Pontevedra a xogar co C.T. Pontevedra. E colleitaron unha importante victoria por 2-3 con emoción ata o final, despois de remontar un 2-0 en contra dos individuais e logo decidilo todo no dobles. O equipo de esta semana estivo composto por: Carlos Tubío, Carlos Lijó, Pablo Pérez e Asier Torrado. Con este resultado, o equipo remata esta fase como segundo de grupo. E comezará a xogar a 2ª división cos outros segundos de cada grupo.

febreiro 2016


LIGA DE TENIS INTERCOMARCAL

Clasificación en Ibertenis

Clasificación definitiva

Calendario completo

Disponibilidade dos Polideportivos

Normativa

COPA DA LIGA

febreiro 2016


MANUEL FRANCO, ARBITRANDO

Outra viaxe coma árbitro internacional, esta vez na Arxentina. Xa non é derradeira vez, xa o puidemos ver en Turquía e na Holanda. Será por que o merece.

febreiro 2016


1ª PROBA CIRCUITO COMARCAL 2016

Partidazos hoxe. Podes ver todas as fotos na pestaña de "Fotos", "CIRCUITO 2016" no menú de arriba

xaneiro 2016