SAÚDO DE BENVIDA DO PRESIDENTE



Estimados amigos:
Dende a fundación do Club Tenis Punta Salera, alá polo ano 1993, a ilusión e a pasión polo tenis, foron sempre os nosos compañeiros de viaxe para todos os que temos algo que ver no funcionamento do Club, dende este presidente que vos dá a benvida, ata o alumno máis novo da escola deportiva. Esta páxina web, é un paso máis na difusión do tenis, que é o noso empeño. É un escaparate, aberto a todo o planeta, do que se traballa polo tenis dende a Pobra para todo aquel que queira participar nas nosas actividades sexa de onde sexa. Como non podía ser menos, daremos cabida e espazo a tódolos clubes e entidades relacionadas co tenis que queiran aproveitar esta fiestra ó mundo para difundir as súas actividades de tenis. E confiamos en vós para enchela. Ránquings, torneos, ligas, circuítos, noticias, fotos, enlaces, van a ser a sustancia desta páxina que o único que vai buscar é ser útil. Todos os que queirades, podedes poñervos en contacto co club, para o que necesitedes de tenis nesta páxina, que vos dá a máis sinceira benvida.

Tomás Dieste
Benvidos