img src="http://docs.webcindario.com/santa_claus.png" width=125 heigth=75 >
___...:::TORNEO DE NADAL 2015:::...___
Individuais: Previa e Fase Final
Parellas: Previa e Fase Final
Cadete masculino
decembro 2015

PARA COBRAR A LOTERIA
Podedes cobrar a lotería na administración de Lotería O BOCCACHO de Boiro (onde se comprou).
decembro 2015
MASTER PROVINCIAL DA CORUÑA BOIRO 2015
Rematou este domingo a 11ª edición do Máster provincial de tenis-Jealsa-Fgt. O evento estaba organizado polo C.T.Boiro en colaboración co concello de Boiro e patrocinado por Jealsa e a Federación Galega de Tenis.
O torneo estaba reservado para os 16 primeiros xogadores e xogadoras da provincia da Coruña, seguaacute;n o ranking da federación española. E esta competición repartiu 580 euros en cada categoría(1160euros en total).
As datas de celebración foron o 23, 26 e 27 de decembro, e disputouse nos pavillóns de Boiro(Barraña, Escarabote e Playa Jardín).
Na categoría femenina, a primeira cabeza de serie e actual campiona, Celia Montero, nº3 do ranking galego, non defraudou e alzou o título un ano máis. Coma o ano pasado, a finalista foi Iria Seoane (7 de Galicia). En canto á participación local, hai que destacar as semifinais de Belén Hermo e Carlota Ozores, que quedaron a unha victoria da final.
En categoría masculina, o primeiro favorito era Pablo Otero da Coruña (2º de Galicia e 74º de España), pero caiu nas semifinais, nun excelente partido, fronte a Pablo Illodo de Santiago. O título de campión provincial foi para o coruñés Luís Fernández Labarta que partía coma 2º cabeza de serie (9 de Galicia)e que nun longo partido beneficiouse do cansancio do santiagués para levarse o título . Os xogadores locales non brillaron especialmente, tan só podemos recordar os cuartos de final acadados por Carlos Seráns e o boirense Adrián Cespón.
Na entrega contouse coa participación do representante de Seritamp, co Concelleiro de deportes Nolo Romero e co director deportivo da Federación Galega de Tenis, Marco Casal que entregaron os trofeos e os premios en metálico a finalistas e campións/as.
BASES DA COMPETICION |
NOTA: pista1=Polideportivo Playa Jardín pista2=Polideportivo Escarabote pista3=Polideportivo Barraña |
 |
decembro 2015
ÚLTIMAS PROBAS DO BARBANZA ANTES DO MÁSTER
7ª PROBA DO BARBANZA 2
8ª PROBA DO BARBANZA 1
Está aberto ata o mércores 16 de setembro a inscrición ata as 14:00 da tarde, na 7ª Proba do Circuíto do Barbanza 2 e a 8ª Proba do Circuíto do Barbanza 1. Ás 14:30 procederase ao sorteo.
-Para inscribirse na 7ª Proba do Circuíto do Barbanza 2, debedes ter un ranking inferior ao 1000 nacional. Este torneo reparte 60 euros en vales deportivos.
-Na 8ª Proba do Circuíto do Barbanza 1 a dotación en vales é de 180 euros en masculino e 60 no feminino, e é de inscrición libre. NOTA: Esta proba non se realizará se non se completan as 16 inscricións no masculino ou 12 no feminino.
-Recordade que os vales só se poden canxear na tenda de tenis Punto de Partido de Santiago
-Na inscrición que fagades en Ibertenis, facede constar os problemas horarios que teñades.
setembro 2015
Clausura Escolas de Verán 2015
agosto 2015
6ª PROBA DO BARBANZA 2
7ª PROBA DO BARBANZA 1
Está aberto ata o mércores 29 de xullo a inscrición ata as 14:00 da tarde, na 6ª Proba do Circuíto do Barbanza 2 e a 7ª Proba do Circuíto do Barbanza 1. Ás 14:30 procederase ao sorteo.
-Para inscribirse na 6ª Proba do Circuíto do Barbanza 2, debedes ter un ranking inferior ao 1000 nacional. Este torneo reparte 60 euros en vales deportivos.
-Na 7ª Proba do Circuíto do Barbanza 1 a dotación en vales é de 180 euros en masculino e 60 no feminino, e é de inscrición libre.
-Recordade que os vales só se poden canxear na tenda de tenis Punto de Partido de Santiago
-Na inscrición que fagades en Ibertenis, facede constar os problemas horarios que teñades.
xullo 2015
TORNEO DE NOIA
Cadro primeira categoría
Cadro segunda categoría
Cadro terceira categoría
xuño 2015
5ª PROBA DO BARBANZA 2
6ª PROBA DO BARBANZA 1
Está aberto ata o xoves 20 de xuño a inscrición ata as 14:00 da tarde, na 5ª Proba do Circuíto do Barbanza 2 e a 6ª Proba do Circuíto do Barbanza 1. Ás 14:30 procederase ao sorteo.
-Para inscribirse na 5ª Proba do Circuíto do Barbanza 2, debedes ter un ranking inferior ao 1000 nacional. Este torneo reparte 60 euros en vales deportivos.
-Na 6ª Proba do Circuíto do Barbanza 1 a dotación en vales é de 180 euros en masculino e 60 no feminino, e é de inscrición libre.
-Recordade que os vales só se poden canxear na tenda de tenis Punto de Partido de Santiago
-Na inscrición que fagades en Ibertenis, facede constar os problemas horarios que teñades.
xuño 2015
4ª E 5ª PROBA DO BARBANZA
Está aberto ata o xoves 7 de maio a inscrición ata as 10:30 da mañá, na 4ª Proba do Circuíto do Barbanza 2 e a 5ª Proba do Circuíto do Barbanza 1. Ás 14:30 procederase ao sorteo.
-Para inscribirse na 4ª Proba do Circuíto do Barbanza 2, debedes ter un ranking inferior ao 1000 nacional. Este torneo reparte 60 euros en vales deportivos.
-Na 5ª Proba do Circuíto do Barbanza 1 a dotación en vales é de 150 euros, e é de inscrición libre.
-Recordade que os vales só se poden canxear na tenda de tenis Punto de Partido de Santiago
-Na inscrición que fagades en Ibertenis, facede constar os problemas horarios que teñades.
maio 2015
RESULTADOS 3ª E 4ª PROBA DO BARBANZA
Recrodamosvos os resultados correspondentes á 3ª e a 4ª proba do Barbanza. Estes foron os gañadores:
-Na 3ª, en Open Lolo Santomé venceu a David Vidal. Sabela Rivas a unha sorprendente Carlota Ozores. No social Búa a Bocho. A cadete femnina era para María Rebollido a conta de Silvia Sanlés.En infantiles Alex Santos a Ramos. No infantil Jorge Marín sobre Carlos Tubío e nenas Estela Ríos a Laura Simarro.
-Na 4ª no Open José Taboada impúxose a Javier Iglesias, nas féminas as irmáns Hermo disputaron a final, con victoria de Belén sobre Laura. Nos xúnior, o vencedor foi Marcos Saborido ao vencer a Javi Camino de Madrid. En cadetes Alex Santos impoñíase sobre David Bello. O infantil feminino era para Paula Cigarrán sobre Nuria Blasnco. Nos alevíns masculinos Ramallo gañou a Gonzalo Marín, e nos femininos Estela Ríos a Laura Simarro.
abril 2015
CAMPIONATO GALEGO INTERCLUBS FGT
Os equipos da redonda que presentamos son:
 
 
 
 
-División Ouro : Portosinfiss do Club Tenis Punta Salera
-Primeira División: Pescados Cañestro do Club Tenis Punta Salera
-Segunda división: Eroski en feminas do Club Tenis Punta Salera, CT Valga e ATPortosín
-Terceira división: Teccarsa do Club Tenis Boiro mar.
Primas por gañar no primeiro equipo
web FGT
abril 2015
13ª LIGA GALEGA AFECIONADA POR EQUIPOS 2015 (zona norte)
1ª división
2ª división
modelo de acta para imprimir
marzo 2015
REVISTA GRAN SLAM.
Descargate aquí gratis o último número desta revista de tenis
marzo 2015
1ª PROBA CIRCUITO COMARCAL 2015
Podes ver todas as fotos na pestaña de "Fotos", "CIRCUITO 2015" no menú de arriba
marzo 2015
MANUEL FRANCO ARBITRA EN HOLANDA
Manuel Franco segue por terras holandesas coas súas labores de árbitro internacional. Xa o pudemos ver no Open Valencia facendo as mesmas tarefas. Sorte
febreiro 2015
|